13 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa
O xoves 13 de outubro temos programado un obradoiro de “Introdución ás Prácticas Restaurativas” para familias. Celebrarase en horario de 16:30 a 19:30 na biblioteca do cole.
Para facilitar a asistencia das familias contaremos con servizo de canguraxe, monitoras/es que realizarán actividades cos nenos e nenas no propio Ceip A Rúa.
A actividade ten aforo máximo que se completará por orde de inscrición polo que é preciso encher este formulario para asistir:
https://forms.gle/VdmAGmvGUbjCjUUL8
O OBRADOIRO
Este obradoiro é parte das actuacións do Plan de Convivencia do cole para traballar conxuntamente, nos ámbitos familiar e escolar, a prevención da violencia e a resolución de conflitos.
As familias, ademais de ser parte fundamental na transmisión de valores e coñecementos, deben ser parte do traballo na prevención así como na detección da violencia.
O obradoiro está organizado en dúas partes:
- Fundamentos teóricos imprescindibles para comprender as bases deste modelo.
- Emprego dos círculos de diálogo ou círculos proactivos. Trátase dunha metodoloxía participativa coa que se comparten coñecementos na resolución dialogada de conflitos e se fomentan as relacións positivas entre as persoas participantes....
A actividade vai ser dirixida por 2 profesionais que están actualmente a traballar na implantación de modelos deste tipo en diferentes centros educativos de Galicia.
Nestes vídeos explícase qué son as prácticas restaurativas:
ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!
Este obradoiro forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade e de prevención da violencia de xénero e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia á Anpa A Rúa.