1. O prazo para presentar candidaturas estará aberto dende o luns 25/01/2021 até as 23:59 horas do 31/01/2021.
Todas as persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deberán enviar un e-mail á dirección anpaarua@gmail.com no que se inclúa:
- Nome completo
- Teléfono de contacto
- Posto para o que presenta a candidatura: presidente/a, vicepresitente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal
2. As listas provisionais das candidaturas faranse públicas o luns 01/02/2021 polos seguintes medios: TokApp, no blog www.anpaarua.com e a través da conta de Facebook Anpa A Rúa.
As listas definitivas publicaranse o 03/02/2021 polas mesmas canles.
3. A Asamblea Xeral Extraordinaria para a realización das votacións celebrarase de xeito telemático a través da plataforma ZOOM.US (www.zoom.us) o martes 09/02/2021 ás 17:30 en 1ª convocatoria e 18:00 en segunda convocatoria.
O día 01 de febreiro publicarase a ligazón para a videoconferencia e datos de acceso xunto cos listados provisionais polas canles mencionadas.
Gustaríanos precisar que esta xunta directiva preferiría unha asamblea xeral presencial pero lamentablemente a actual situación da pandemia do COVID 19 non o fai aconsellable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario