PROXECTO “CAMBIEMOS A NARRATIVA”
Dentro das actividades incluídas no programa “Educando en Igualdade dende a afectividade” que dende a ANPA A Rúa presentamos á convocatoria de subvencións de actividades de promoción da igualdade da Xunta de Galicia, contamos durante varias semanas co traballo da Asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). AGARESO levou a cabo un traballo a través de medios telemáticos co alumando de 5º e 6º, así como a través dun obradoiro exclusivo para familias e profesorado “obradoiro de radio Onda Feminista”.
Como froito deste traballo durante estas semanas elaborouse unha Guía didáctica que poderemos utilizar a partir de agora tanto dende o cole como dende a ANPA e que recolle todo o traballo levado a cabo durante todas estas sesións. Esta guía didáctica dixital permitirá que o propio profesorado ou a ANPA poidamos poñer en práctica este tipo de actividades no futuro pola nosa conta.
Dentro desta guía atoparedes xoias, como estas dúas cuñas de radio que o propio alumnado de 5º e 6º de primaria do noso cole creou para presentarlle ao resto da comunidade educativa o aprendido no proceso.
Cuña 5º de primaria
https://drive.google.com/file/d/1N69DmMkkQftZSCeRKzwjsRUNXbwSj_WS/view?usp=drivesdk
Cuña 6º de primaria
https://drive.google.com/file/d/1N9RNJqFepgf8XWYtHYNLPn6npetmx02N/view?usp=drivesdk
IMPORTANTE: estas dúas cuñas emitiranse na SER de Pontevedra a partir do luns 23 de novembro. Emitiranse todos os días ata o día 30 de novembro. Este lúns colgaremos no noso facebook a información dos horarios nos que se emitirán estas pezas radiofónicas.
Moitas grazas a AGARESO, ó alumnado, ó profesorado e ás nais e pais que participaron nestas actividades e proxecto.