Boas tardes familias, este mércores día 20 ás 18:30h terá lugar unha reunión informativa do servizo do comedor.
O comedor é responsabilidade do Concello e as ANPAS teñen a labor de supervisar o servizo.
Asistirán responsables do concello que falarán da situación actual do servizo, a inmediata licitación para o vindeiro curso, número de prazas, prezos do menú... , representantes da ANPA que explicarán os controis que estamos levando a cabo... controis de temperaturas, calidade do menú, organización dentro do comedor... , a dirección do colexio e as monitoras do comedor.
O responsable de velar polo correcto funcionamento do comedor é o consello escolar, por este motivo, aprobáronse unhas normas de convivencia para este curso 2018/2019. Enviamos documento para o voso coñecemento e tamén hai unha copia na entrada do colexio para consultar.
Se eres usuaria/o ou se podes chegar a selo, achégate!!!
https://www.dropbox.com/s/6ubgcreejtkznnp/Normas_convivencia_Aprobadas.20190318123842.pdf?dl=0
Saúdos
ANPA A RÚA
Ningún comentario:
Publicar un comentario