a Idea é facer unha romaría tradicional, coa castaña, os productos de outono e a música galega coma protagonistas. Hai previstas varias actividades coa intención de que os nenos e nenas vaian pasando por todas. Podedes colaborar de diversas formas:
- Axudando a asar castañas
- organizando xogos populares
- aportando o voso talento como músicos de música tradicional galega
- elaborando doces típicos do outono para compartir entre todos
- Participando nalgún dos obradoiros seguintes
2- Obradoiros de oficios e artesanías tradicionais
3- Obradoiro de manualidades con castañas e landras
4- Obradoiros que vós propoñades e que teña coa temática do Magosto
En función das vosas propostas, elaborarase o programa das actividades e poranse en contacto con vós para organizalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario