martes, 21 de febreiro de 2017

Convocatoria concurso deseño escolar








Apreciado Señor, apreciada Señora:



A Federación Galega De Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga) convoca o VIII Certame de Deseño Escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Pode consultar as bases completas do concurso premendo aquí.
Tamén pode consultar os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, un álbum do acto de entrega de premios de 2016 e un vídeo de todo  o proceso do concurso:






Para ver os deseños finalistas da edición pasada, prema aquí.
- Para ver os deseños gañadores da edición pasada, prema aquí.
- Para ver o álbum do acto de entrega de premios 2016, prema aquí.
- Para ver un vídeo de todo o proceso do concurso (convocatoria, reunión xurado, fabricación xoias e acto de entrega de premios), prema aquí.








Os dípticos de participación pódense:



O prazo de presentación dos deseños remata o venres 31 de marzo e pódense entregar en:

  • calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado aquí.
  • oficina do Colexio, persoalmente, por correo postal ou mensaxería:

COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)

rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela



Sen máis, desexamos que esta actividade resulte do seu interese para vostede e o seu grupo de traballo.
Quedamos a súa enteira disposición.
Reciba un cordial saúdo,






Ningún comentario: