- X CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL-
Bases:
·
Destinatarios:
Establecerase unha única categoría para nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.
·
Postais:
Versarán sobre o Nadal, e farase alusión á biblioteca e ao mundo da lectura.
Todas as postais deben ir identificadas na súa parte traseira cos datos
persoais do participante (nome, apelidos, dirección, idade e teléfono).
·
Formato
e materiais: O formato a presentar será en cartolina A4
facilitada pola biblioteca.
·
Presentación dos traballos: Cada participante poderá entregar unha única postal.
·
Entrega
das postais: O prazo de entrega establécese do 1 ao 23 de decembro do 2016.
·
Exposición: As
postais estarán expostas na Biblioteca dende a súa presentación ata o día de entrega de premios.
·
Premios:
Haberá unha postal gañadora en cada Biblioteca. Cada gañador recibirá un lote de libros. Os gañadores daranse
a coñecer o 10 de xaneiro do 2016.
De entre as cinco postais gañadoras, seleccionarase unha, que será a imaxe do
cartel que anuncie a seguinte edición do
concurso.
·
Propiedade: O
Concello de Cangas resérvase a posibilidade de publicar as obras presentadas a
concurso no momento que considere conveniente. Neste sentido o autor renuncia a
calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e o exemplar que
entregue da súa obra quedará en propiedade do Concello de Cangas.
·
A participación no concurso implica a plena
aceptación das bases.
·
A organización resérvase o dereito a cancelar
o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigado a comunicarllo
previamente aos participantes.
·
Máis información: Para
calquera dúbida póñase en contacto co bibliotecari@
ou en www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com
www.bibliotecaspublicas.es/cangas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario