- As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.
- Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. (Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).
- Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).
- A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do mércores 4 de maio de 2016, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.
- O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.
- Categorías de ano de nacemento dos atletas:
a) MINIBENXAMÍN: 2009/2010/2011
b) BENXAMÍN: 2007/2008
c) ALEVÍN:2005/2006
- Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, tanto masculino como feminino, e medallas para os finalistas.
- Todos os atletas poderán participar nun máximo de catro probas. A efectos de seleccionar o campión/a contabilizaranse as tres mellores puntuacións obtidas polo atleta.
- A organización, así como as entidades colaboradoras, non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan derivarse desta competición.
- Os atletas poderán inscribirse como representantes dun colexio ou a título individual, pero nunca como representantes de club. A proba está aberta todos os centros de ensino do Morrazo e arredores.
- A participación na mesma implica a total aceptación do presente regulamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario