..."A edición 2015-2016 de ‘Cinema en curso’ entra na súa recta final coa rodaxe das películas por parte dos alumnos dos catro centros educativos galegos que participan neste programa pedagóxico internacional, coordinado en Galicia polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Culminará así o traballo que os estudantes do CEIP A Rúa de Cangas, CEIP San Xoán de Becerreá, IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e IES Manuel Murguía de Arteixo veñen desenvolvendo nos seus respectivos talleres cos cineastas galegos Ángel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez.
Primeiro filme de ficción
A primeira das rodaxe é a que inician hoxe os alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Rúa de Cangas, centro que durante dous anos consecutivos obtivo o Premio Nacional de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polas súas curtametraxes para ‘Cinema en curso’. O director pontevedrés Ángel Santos acompáñaos na gravación da que será a primeira peza de ficción da sección galega deste programa educativo, ata o de agora centrado exclusivamente no documental. Durante o seu taller co realizador de ‘As altas presións’, o grupo de traballo integrado por nenos e nenas de 11 e 12 anos de idade definiron as situacións emocionais que vive o protagonista do seu filme, ademais de planificar a produción da súa rodaxe"...
Ningún comentario:
Publicar un comentario