mércores, 16 de marzo de 2016

8º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta

Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

O prazo para o envío dos traballos remata o 1 de abril de 2016.

Na nosa páxina web hai información sobre os concursos anteriores e información actualizada desta convocatoria: http://www.cienciaqueconta.com/


Ningún comentario: