Conscientes da catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo (Cangas, Bueu, e Moaña) vimos de presentar -esta mañán- por rexistro, nos 3 concellos da comarca, un escrito no que, ademáis de "poñernos a disposición dos nosos Concellos para que esta acollida sexa nas mellores condicións e respetuosa coa dignidade das persoas", solicitamos:
- Se adhiran á Rede de Cidades Refuxio, como xa fixeron máis de 55 cidades españolas (Barcelona, Madrid, Valencia ou A Coruña, entre outras) mobilizando tódolos recursos (institucionais e sociais) dispoñibles, ademáis de inmobles municipáis que reúnan as condicións para esta acollida.
- Facilite o rexistro de persoas que están dispostas á acollida (Rexistro xa anunciado polo Concello de Cangas que debe ser extensible ao resto de Concellos da comarca)
- Co fin de dinamizar e implicar á codadanía, se convoque con carácter URXENTE unha reunión con tódolas plataformas sociais, ONG’s, asociacións (veciñais, ANPAS, etc.) e calquera outra entidade cívica para colaborar e paliar esta situación extrema que se está a vivir en Europa."
(*)En adxunto, carta aos Alcaldes de Bueu e Cangas e á Alcaldesa de Moaña. "Somos un pobo solidario e esta traxedia humanitaria nos incumbe a todos e a todas"
Gratos pola atención prestada,
Atentamente, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo
655 082 249 (Carmen Nores - Cangas)
654 983 756 (Fernando Otero - Bueu)
687 870 864 (Paco Ferreira - Moaña)
Visita a web da Plataforma
Ningún comentario:
Publicar un comentario