"Un día no circo está deseñado para o achegamento lúdico das técnicas circenses a
nenas e nenos de 6 a 11 anos. Nesta experiencia poderán practicar equilibrios, malabares e acrobacias dun xeito dinámico e divertido. Este obradoiro, ademais de permitir que os alumnos aprendan as diferentes técnicas do circo vailles servir, tamén, grazas á expresión corporal, para mellorar a súa autoestima, o traballo da cooperación, a sensibilidade, o desenvolvemento da creatividade e da constancia nas diferentes tarefas, a autosuperación,... En definitiva, preténdese que o mundo do circo serva para favorecer o crecemento do alumno como persoa"
DATAS E DURACIÓN: Sábado 4 de xullo
HORARIO: Pola mañá de 11.30 a 14.00h
LUGAR: Alameda Vella de Cangas
PRAZAS: MÁXIMO 20 prazas.
PREZO: 10€. As socias de ADICAM están exentas de pago grazas ao patrocinio de Frigoríficos del Morrazo.
INSCRICIÓN: Do 5 ao 16 de xuño. Para facer efectiva a inscrición é necesario enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto ao correo electrónico mostra@mostrateatrocangas.org. Tamén se poderá presentar no Audutorio Municipal de Cangas, na Avda de Lugo s/n, de 10 a 13.30h.
SELECCIÓN: A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as socias de ADICAM. A organización comunicará a listaxe de participantes o xoves 18 de xuño.