PROTESTA POLA “NON” APERTURA DO COMEDOR DE A RÚA
Según o acordado na pasada reunión do 11 de outubro. Convocamos a toda a comunidade escolar do centro (profesores, pais, nais, nenos, nenas, avós, etc..) a participar o vindeiro venres 21 nunha Concentración diante do Concello de Cangas a partir das 14:45h, como protesta pola negación de apertura do comedor pola conselleria de educación.
O acto consistirá nunha reunión na praziña diante do Concello para xantar, xusto despois de sair do colexio. Asistiremos ó xantar, cos nen@s, e a poder ser coa camiseta verde do colexio os que a teñan, e os que non con algo similar. Cada un deberá levar o seu bocata. Unha última aportación dunha nai do centro é que, os que teñan mesas e sillas de picnic poderian levalas, para sentar a xantar aos nen@s e simular o comedor que non podemos utilizar.
As persoas que poidan, mañá pola tarde quedarase para facer pancartas para levar, a partir das 17h.
Contamos con todos vós e tódalas persoas que poidades avisar e queiran unirse a nosa causa, porque todos necesitamos ou podemos chegar a necesitar o comedor.
A Xunta Directiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario