xoves, 13 de marzo de 2014

A LOMCE pretende que haxa colexios A, B, C, e Z

A Confederación de Anpas Galegas está en contra do sistema de elección dos directores dos centros educativos que recolle a LOMCE. Segundo o colectivo, "se lle dean as voltas que se lle dean, a realidade é que a administración educativa vai nomear a máis do 50% dos electores do director. Eso é tanto como escoller o director directamente". Así o explicaba nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro o vicepresidente de Anpas Galegas.


Segundo Fernando Lacaci, tendo en conta que o director "é alguén que representa ó colexio, debera estar avalado por toda a comunidade educativa". Na actualidade, engadía, os directores "os acababa nomeando o consello escolar, logo de que os candidatos presentaran un proxecto. Só no caso de que non haia candidatos ou se produza un rexeitamento dos mesmos, a administración educativa podía traer a un director, pero sempre con carácter de transitoriedade".

Na súa opinión, co novo sistema de elección o colexio vai ser "un polvorín permanente. Ó final, este tipo de cousas sempre acaban mal". Cre Lacaci que a LOMCE "pretende que existan colexios A, B, C e Z". Tamén vinculou este asunto "á diminución radical de competencias dos consellos escolares e á maior potenciación da figura do director como factotum"

Escoitar entrevista

Ningún comentario: