mércores, 23 de outubro de 2013

FOLGA XERAL NO ENSINO 24 OUTUBRO

En relación coa convocatoria de folga no ensino público do vindeiro xoves 24 de outubro, a Federación de Anpas de Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércores 16 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada folga. Como ANPA integrada nesta federación, convocamos a toda a comunidade escolar do Ceip A Rúa a secundar a folga xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras e mestres, tías e tíos, etc. Asimesmo, convocámosvos a participar nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e posible marcha dependendo do nº de manifestantes.


Esixe con nós a paralización de tódalas medidas de recorte e desmantelamento do sistema educativo público.
  • Non ao copago nos comedores
  • Non a redución das plantillas de profesorado en detrimento da calidade educativa para os nosos fillos e fillas.
  • Non á LOMCE.
É hora de que saiamos todos xuntos e manifestemos as nosas inquedanzas, que ensinemos ós nosos fillos e fillas a loita polos dereitos xa adquiridos e que agora nos queren arrebatar. Porque ti, todos nós, temos unha responsabilidade frente ao funcionamento do sistema educativo, que ademáis de afectar a túa filla e a teu fillo, afecta a sociedade enteira. E se non podes unirte a nós pola tarde:

Manifestación en Vigo ás 11:30h na Praza dos Cabalos
Manifestación en Pontevedra ás 11:30h na Praza da Peregrina


ÚNETE A NÓS!!!
“NON Á LOMCE“

Ningún comentario: