Onte pola tarde fomos convocados a unha reunión co edil de educación José Luis Gestido, a dirección e a anpa dos centros con comedores xestionados polo concello.
Na reunión comunicaronnos que por motivos administrativos non podían usar parte da subvencion para facer as becas que vos comentamos para nenos e nenas sen recursos, polo que decidiuse baixar o prezo do prazo por nen@ a 3,50€/día o que supón un aforro sustancial nas cotas mensuais do comedor.
Por outra banda, comentarvos que hoxe xa viñeron a colocar o mesado que faltaba no comedor pero ainda faltan uns pequenos detalles por colocar e rematar que non serán posibles de realizar ata a semán que ven. Por isto informámosvos que o inicio do comedor será o vindeiro 01 de outubro.
A Xunta Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario