venres, 14 de setembro de 2012

COTA ANUAL CURSO 2012/2013

Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2012/2013, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.

No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s durante os dous anos do ciclo, é decir, 5º e 6º.


Recordade que ó estar adscritos como Anpa á Federacion de Anpas de Centros Públicos de Cangas. As familias, que teñan nen@s matriculad@s en primaria e secundaria, unicamente deberán pagar unha cota anual en calquera dos centros, e dicir, se tedes un fillo matriculado no Ies Rodeira e outro no Ceip A Rúa, con pagar unha das dúas cotas, xa seriades soci@s. Unicamente deberedes presentar unha copia dos recibos de pago da cota, para que a anpa do centro teña constancia.

Tamén recordar que para poñervos en contacto con nós, podedes facelo a través do buzón que se atopa na recepción do cole, via correo electrónico anpa.arua@gmail.com e tamén por suposto directamente cando nos atopemos no colexio.

Gostaríanos que superades a importancia que ten ser soci@ da ANPA, non só para axudar a sufragar entre outras cousas, a Festa de Fin de Curso, cun aporte económico importante ou as distintas colaboracións coa directiva do colexio ó longo do curso, eventos deportivos como o Cross Escolar. Ademáis pódense levar a cabo diferentes proxectos, coma foi no seu momento a compra de ordenadores para o centro ou o pintado e arranxo do chan da aula de 3 anos, beneficios dos que non disfrutaríamos todos se non tivera colaborado a ANPA

Esperando que o consideredes tan prioritario coma é para nós, saúdavos atentamente,

A Xunta Directiva

Ningún comentario: