xoves, 24 de novembro de 2011

ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACION E ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Comunicámosvos, que non se recibíu ningunha candidatura para formar nova xunta directiva. Por este motivo, convócase a tódolos socios e socias á Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro martes 29 de novembro, ás 18:45h i en segunda convocatoria ás 19:00h, coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede da acta anterior. 
  • Ratificación e aprobación da xunta directiva 
  • Aprobación das contas do curso 2010/2011 
  • Actividades Extraescolares 
  • Roupa en stock do chandal 
  • Cota e soci@s 
  • Suxerencias 
Aproveitaremos a reunión para falar das últimas novas con respecto ao comedor, polo que se algún pai ou nai que non sexa soci@ quere asistir a reunión, será ben recibido.

A Presidenta

Ningún comentario: