O pasado venres 21 de outubro, reunímonos os representantes dos 9 centros públicos que forman a Federación de Anpas de Centros Publicos de Cangas co Sr Gestido, concellal de educación entre outras cousas, do noso municipio.
Cada centro expuso, as inquedanzas e problemas que tiñan, para pedir a posible solución por parte do concello dentro da súa competencia. Desa reunión quero resaltar algúns puntos que me sorprenderon bastante, pero que fan asegurar as sospeitas que tiñamos.
Definitivamente, a consellería xira a cara para o outro lado, ollos que non ven.... sempre e mellor que alguns pais ou nais traballen gratuitamente responsabilizandose de cousas que non lle corresponden, que facer as cousas ben pagando a xente baixo contratos, miña nai!!! a de cartos que se aforran....
Como pode ser que o colexio de Nazaret sigua sen ter dada de alta a luz eléctrica do centro?? Pois si, sorprendentemente seguen coa luz de obra dende que se rematou a mesma.
O comedor de Nazaret, non ten a autorización de sanidade para aperturar o comedor, porque non teñen mosquiteras, que lle costa a conselleria?? o mesmo pasou no comedor do Hío i Espiñeira.
A subvención que recibiron por neno o ano pasado foi de 107€ para todo o curso escolar, e pagan por dia 4.30€, botádelle a conta. Este ano reduciron a subvención
Por certo, a Anpa do Hío presentoulle un escrito o edil de educación , no que lle comunica que en setembro do 2012, deixan de asumir a xestión do comedor e solicita a mediación deste ante a consellería para que sea esta a que asuma a xestión como lle corresponde por lei.
O Sr Gestido, comunicounos que estaban a investigar se o concello poderia asumir a xestion ou non para unha posible xestion temporal por parte do concello, mentras non asuma a consellería, ainda que como non temos nada por escrito, dirá que el non dixo iso...
Aproveitei para lembralle que estamos pendentes de que nos chame a comunidade escolar para reunirnos con él e co alcalde, ao que respondeu que el non ia reunirse con todos os pais e nais do centro, que tiñan representacion na anpa.
Entón imos facelo doutra forma da que vós manteremos informados, e mentras a ver se se digan en respostar a nosa petición de axuda inicial por escrito.
Boas noites a tod@s
Ningún comentario:
Publicar un comentario