A Xunta Directiva
CONSELLERIA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
EXCELENTÍSIMO SR. CONSELLEIRO:
Eu, D./Dna. ________________________________________ con D.N.I. nº ___________, como pai/nai de alumn@/s que cursa/n Educación Infantil ou Primaria no CEIP _________________________________________
Envíolle esta carta coa intención de expresarlle o meu descontento respecto da actual situación dos comedores dos colexios públicos nesta Comunidade, así como para transmitirlle o meu convencemento de que a xestión dos mesmos non lles corresponde ás Anpas, senón á Administración.
Teño a impresión de que a realidade e necesidades das familias deste tempo non teñen nada que ver coas dalgúns anos atrás, mais a Administración segue vivindo nun pasado no que as nais non traballaban fóra da casa e as estruturas familiares, así como a situación social e laboral, eran moi diferentes das actuais. Hoxendía, todo isto cambiou e vémonos na necesidade de recorrer aos sevizos de madrugadores, comedor ou actividades extraescolares para asegurar que @s nos@s nen@s están atendid@s durante o horario laboral. Como vostede xa saberá, estes servizos están sendo xestionadas polas ANPAS case na súa totalidade. No caso dos comedores, esta situación resulta especialmente gravosa posto que a xestión e contratación dos servizos de comedor correspóndelle única e exclusivamente á Administración, segundo a Instrución 4/2010 da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de 9 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2010-2011”, derivada do Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro de 2007), Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2008 (DOG do 19 de xuño de 2008), Decreto 374/2009, do 6 de agosto (DOG do 14 de agosto de 2009), modificado polo Decreto 439/2009, do 11 de decembro (DOG do 24 de decembro de 2009), e Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo de 2007).
Non pido en ningún momento que a Administración corra cos gastos do menú ou custe das actividades d@s nen@s, só pido que administre estes servizos, como é a súa obriga, xa que:
- Non é xusto que se pague máis ou menos por menú en función do colexio.
- Non é xusto que o servizo de comedor deixe fóra familias con dificuldades económicas.
- Non é a Anpa quen debe controlar a calidade dos menús servidos nun centro público.
- Non é a Anpa quen debe garantizar a salubridade do espazo no que se serve a comida.
- Non é a Anpa quen debe velar pola legalidade dos contratos de prestación de servizos no colexio.
- Non é a Anpa quen debe controlar a situación laboral do persoal de comedores.
- Non é a Anpa (segundo a lei vixente) quen debe realizar eses contratos nun centro educativo público.
- Non é a Anpa quen debería adxudicar arbitrariamente as subvencións recibidas para comedores.
Por todo o exposto anteriormente, solicito que esta Consellería teña a ben atender a solicitude que se lle fai e aplique a normativa vixente para garantir o correcto funcionamento dos comedores escolares desta Comunidade.
En Cangas, a ___de _____________de 2011.-
Ningún comentario:
Publicar un comentario