mércores, 21 de setembro de 2011

EN FERROL SI, EN SANTIAGO SI, E EN CANGAS POR QUE NON?

Publicado na paxina da Xunta. 

E digo eu, se en Ferrol e Santiago os concellos poden xestionar os comedores escolares, porque non en Cangas?.....



Os documentos que se están a tramitar son continuación aos subscritos o ano pasado cos concellos de Ferrol, Mugardos e Narón
Mar, 06/09/2011 - 16:48
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria esta a realizar os trámites precisos para levar ao consello da Xunta os convenios cos concellos de Ferrol, Mugardos e Narón para a xestión por parte destas entidades dos comedores escolares que ata o curso anterior eran responsabilidade das asociacións de nais e pais.
Cómpre sinalar que estes convenios son continuación dos xa asinados no pasado ano escolar aínda que modificando as cantidades do financiamento para este cursos que esta a piques de comezar.
En concreto nos exercicios 2011/2012 o concello de Ferrol, recibirá da Consellería como co-financiamento da xestión un importe de 65.000 euros. Mentres que o concello de Narón, recibirá 50.000 euros e o de Mugardos de 5.000 euros.
Paralelamente a Consellería ven de manter contactos coa concellería de Educación do concello de Santiago para a futura sinatura dun convenio de colaboración para a xestión de comedores escolares que actualmente eran responsabilidade das Anpas.

Ningún comentario: