venres, 23 de setembro de 2011

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (2011)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Dacordo ó falado a finais do curso pasado no mes de Xuño, na última reunión mantida. Lembrámosvos que este curso, as actividades van sofrir uns pequenos cambios.

A Anpa xestionará directamente 4 actividades: Cociña, Gaita e Pandereta, Ves a xogar? e a Escola deportiva de futbol base.

O resto de actividades deportivas que se desenrolen no centro serán xestionadas pola Fundación Cangas Deporte. (Ver tabla en folla adxunta)


ACTIVIDADES

COCIÑA: Imparte Lina, no mesmo dia e mesmo horario que se viña impartindo nos anos anteriores. Tódolos martes de 18:15h a 19:15h, no espacio do comedor do centro. Para nenas e nenos a partir de 1º de primaria. O prezo da actividade será de 12€ mensuais por nen@ para soci@s e 17€ para non soci@s

GAITA E PANDERETA: Imparte A.C.F. Tromentelo, espacio por determinar. Tódolos luns de 17h a 18h (poderiase variar o horario). Para nenas e nenos a partir de 6 anos a gaita e a partir de 5 anos a pandereta. O prezo da actividade será de 15€ mensuais por nen@ para soci@s e 20€ para non soci@s.

VES A XOGAR?: Imparte Xirasol, espacio por determinar. Tódolos xoves de 17h a 18h (poderiase variar o horario). Para nenos e nenas a partir de 3 anos. O prezo da actividade será de 15€ mensuais por nen@ para soci@s e 20€ para non soci@s.

O obxectivo da actividade é o de coñecer conceptos de autoestima e autoconcepto, axuda para identificar as capacidades persoais, etc. Aprender xogando, comunicación, resolución de conflictos, relaxacion, etc con xogos coma poden ser risoterapia, manualidades, teatro, debuxo, xogos populares, etc

Os monitores responsables da actividade, facilitaran os materiais para a realizacion da actividade, asi como o seguimento da actividade, mantendo reunions coa Anpa e as nais e pais dos nenos e nenas 

ESCOLA DEPORTIVA DE FUTBOL BASE: Imparte S.D. Meniños do Morrazo. Tódolos los luns e mércores de 16:00h a 17:00h, na pista de futbol ou no ximnasio do centro. Para nenas e nenos a partir de 4 anos. O prezo será de 15€ mensuais por nen@ para soci@s e 20€ para non soci@s. Equipación incluida.

O obxectivo é o de fomentar a traves do deporte, valores coma a saúde, o traballo en equipo e a disciplina na competición, etc

Os monitores do clube, desenrolaran a actividade por un periodo de 2 horas semanais, agrupando os nenos e nenas por idades e sempre facilitando a integracion de grupos mixtos.

Faranse 3 competicions ó longo do curso escolar

Liga escolar intercentros de setembro a febreiro 

Copa escolar intercentros de marzo a xuño 

Campeonato Interescolar, entre os centros dos concellos adyacentes nunha fin de semana 

*** ***
Lembrámosvos que se un nen@ falta a algunha clase ten a obrigación de pagar o importe mensual completo, e se deixa a actividade e non avisa tamén debe pagar o mes. A baixa parcial ou total nunha actividade terá que ser notificada antes do dia 25 de cada mes. 

O pago das actividades deberá realizarse nos 10 primeiros días de cada mes no nº de conta de Nova Caixa Galicia 2080 0079 96 004000135. Baixo o titulo de: Cota Anpa, nome do nen@, curso e mes

Este ano non imos solicitar a vosa colaboración para os turnos de garda. Damos por feito que todos somos responsables dos nosos fill@s, polo que vos pedimos o compromiso de chegar a hora para a actividade e de recoller os nenos e nenas a hora exacta de saída. Igualmente se alguén se quere quedar no centro, agradecemos de antemán a súa colaboración e apoio ós monitores.

Bo ano escolar a tod@s!!

Ningún comentario: