martes, 30 de novembro de 2010
MANTEMENTO DE CENTROS, PACTOS INCUMPLIDOS, VERGOÑA DA CONSELLERIA...
Dende a FANPO de Ponteareas, proceden a enviar algunhas fotos do CEIP "Fermín Bouza Brey", con alumnos entre 3 e 12 anos que conviven nunhas instalacións onde prima o caos e a falta de hixiene e limpeza. As carencias serían incontables pero o máis grave e que os nenos (e sobre todo as nenas) non poden usalos baños durante toda a mañán, xa que carecen de tapas de WC, algunhas portas non pechan, a limpeza non é suficiente, hai desbordamentos de augas fecais polas paredes do Centro... non teñen enchufes nas aulas que ó longo dos últimos cursos fixeron nos corredores, non poden utilizar todos os ordenadores na aula de informática porque salta os limitadores, o tellado está en moi mal estado, a calefacción non funciona ben... e seguiríamos toda a mañán.
A última gota deste vaso, foi a construcciòn dun novo aulario no patio do recreo (52 metros de largo), donde farán 9 aulas de infantil para acoller a "máis alumnos" (610 non son de abondo). Pero non fan nin máis servizos (comedor, aula de música, de inglés, sala de reunións, seminarios, laboratorio...) nin arranxos de ningún tipo no edificio principal. No ximnasio están dando clases de educación física dúas aulas á vez (50 alumnos).
Polo tanto os pais na última reunión que convocou a ANPA do Centro (asociada a nosa Federación), decidiu non levar ós seus fillos a clase, o día 30 de novembro e o 2 de decembro. A ver se conseguimos que ó maior número de persoas se vaian enteirando. E intentaremos tamén que a Consellería reciba a ANPA e a equipa directiva do Centro.
As xardineiras reventan debido chuvias e á falta de mantemento
O chan agretado favorece a profusión de malas herbas que, a súa vez,agretan máis o chan.
Un gran exemplo de xardinería do tipo “dame igual o que lles pase ás prantas”, moi de moda no noso centro.
Burato nun muro exterior tapado cunha chapa e unha pedra. Por este burato de gran tamaño pode entrar un neno.
O Concello publicou un listado de melloras no centro realizadas no derradeiro verán (2010) e incluía o arranxo das beirarúas entre outras descaradas mentiras.
Máis baldosas soltas e rotas
Baldosas soltas e rotas.
E máis beirarúas rotas.
Persiana do ximnasio. Non se pode abrir e debido a isto, a porta correspondente non se pode abrir. Rota e fora do sitio. Dende vai anos...
Cable que leva atado o valo dende principios de curso. E o ataron porque se avisou ao Concello xa que colgaba dunha árbore do interior do centro e os cativos xogaban con él. Enviaron a un operario que o atou ao valo e punto. Os rapaces seguen a xogar co cable...
Muro feito nun dos corredoiros para “crear” dúas aulas. Da o mesmo que a fiestra quede no medio. Arquitectura creativa.
Fiestra do ximnasio co revestimento podre.
Burato na parede ao carón dunha fiestra. Tápase cun pouquiño de masa e arranxado. E os nenos e nenas co abrigo na clase.
Parte traseira de Infantil (antes chea de neumáticos).
Parte traseira de Infantil. Aínda con restos de cascallo.
Parte traseira de Infantil. Cun balancín roto, oxidado e coa pedra á vista. O xoguete ideal para os cativos de tres anos.
Manillas das portas soltas e cos parafusos colgando
Teito dos baños.
A porta choca contra o váter. Hai que entrar de lado e sentarse para poder pechala
Obsérvese qué marabilla de baño. ¿Lembran a película de medo “SAW”?
Sanitarios rotos.
Sanitarios soltos
(COMENTARIOS FOTOGRAFICOS POR ANPA FERMIN BOUZA BREY)
Comunicado de prensa: 30 de novembro de 2010
CINCOCENTOS ALUMNOS DO C.E.I.P. FERMIN BOUZA BREY NON ASISTEN A CLASE.
Exactamente 500 alumnos non asistiron hoxe ó seu colexio como protesta pola situación na que se atopa o centro debido á deixadez das administracións públicas.
Dende a ANPA Tea queremos lembrarlle tanto á Consellería como ao Concello, que a situación que sofre o centro, tanto pola masificación como pola falla de mantemento, xa non é sostible para os pais e nais de Ponteareas, que reclamamos o arranxo urxente do centro, dado que as condicións que teñen que soportar os nosos fillos e fillas tódolos días raia nalgúns casos a insalubridade.
Queremos agradecer a tódolos pais e nais o esforzo que isto supón e esperamos que as administracións se den conta que o que reclamamos é solamente un centro digno no que as inundacións de augas fecais, os fallos de electricidade e a masificación queden como recordo doutros tempos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario