DIVERFIT E PATINAXE
Informámos que finalmente a partir do vindeiro xoves 07 de outubro, dará comenzo a actividade de diverfit ou ximnasia divertida, para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de primaria, por chegar o nº mínimo de nen@s necesarios para facer grupo, se algún neno/a estivese interesado/a en asistir so tedes que comunicalo.
Ademáis a actividade de patinaxe, a partir do vindeiro dia 19 de outubro, desdoblase en dous grupos:
1º grupo E. Infantil e 1º primaria de 17:00h a 18:00h
2º grupo de 2º a 6º de primaria de 18:00h a 19:00h
II CROSS ESCOLAR CEIP CANGAS-NAZARET
A Anpa do Ceip de Cangas (Nazaret), xunto coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas, vai celebrar o seu 2º cross escolar o vindeiro día 31 de outubro.
Tódolos nenos e nenas, do Ceip A Rúa, están convidados a participar. O horario será a partir das 10:30h da mañá.
Aceptaranse inscripcións o mesmo día do cross no mesmo centro de 10h a 11h.
Tabla de categorías
ANO DE NACEMENTO CATEGORÍA DISTANCIA
2007 PITUFO 3 ANOS 80 M
2006 PITUFO 4 ANOS 100 M
2005 PITUFO 5 ANOS 120 M
2003-2004 PREBENXAMÍN 350 M
2001-2002 BENXAMÍN 600 M
1999-2000 ALEVÍN 850 M
O prazo de inscripción remata o vindeiro día 14 de outubro. Tódolos nenos e nenas que queiran participar deberán cubrir os seús datos mais abaixo, e deixalo no buzón da anpa antes das 14:30 h do día de remate da inscripción.
QUERO ASISTIR O CROSS DE NAZARET
NOME DO NENO/A:
DATA NACEMENTO: CATEGORIA:
ALERXIAS ALIMENTARIAS:
Ningún comentario:
Publicar un comentario