Un saúdo a tod@s
A xunta directiva.
Att/ D. César A. Pérez Ares
Servizo da unidade técnica
Dpto. Territorial de Pontevedra
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Cangas, a 04 de Outubro do 2010
Estimado Sr. Ares,
Dende a ANPA do Ceip A Rúa, queremos trasmitirlle as inquedanzas dos pais e nais que formamos parte da comunidade escolar do citado colexio, en relación coas obras de reforma e ampliación que se están a realizar dende o pasado mes de agosto no centro.
Dende o pasado 15 de setembro, día no que deu comezo o curso escolar no noso centro (retrasado por motivo das obras) os pais e nais observamos o avanze da obra, que pensamos que é excesivamente lento. A obra empezou tarde, lenta e case que sen ganas. Non estamos a falar dunha obra nun edificio anexo ou independiente do edificio central. A obra é no edificio central e sinceramente pensamos que o traballo nin se realizou, nin se realiza coa premura suficiente para que afecte o menor tempo posible a vida escolar dos noso fillos e fillas.
Ademais estamos o tanto da súa visita as instalacións do centro, na que seguramente daríase conta de que o patio de xogos para os nenos e nenas reducese nunha porcentaxe importante, e por motivo das obras algunhas das instalacións do patio estan bastante destrozadas, polo que queremos esixir o seguinte:
- Lémbre que o actual parque infantil, agora está situado no medio do acceso á entrada principal do colexio e bastante roto (sobre todo o chan), polo que esiximos que se repoña e situe anexo a zoa do areeiro.
- Do areeiro só queda o sitio, algo de area e o circundado roto en anacos polos camións, polo que tamén esiximos a súa reposición no mesmo sitio e mesmas dimensións.
- A ampliación da antiga biblioteca, agora convertida en futuro comedor, deixounos sen pista de baloncesto, que ainda que era pequena estabamos orgullosos dela. As canastas estan destrozadas e sen taboleiros, polo que esiximos que modifiquen a orientación da citada pista (dende a nova situación do parque infantil hacia a entrada do portalón) e repoñan as canastas por unhas novas.
- Pedimoslle que non se repoñan as xardineiras que se sacaron da zona do patio onde están as escaleiras que acceden á aula de 3 anos, xa que gañamos espacio para o patio, pero si que esiximos que se faga unha rampa de acceso nas citadas escaleiras.
- E, importantísimo, esiximos a unificación de alturas do chan do patio a un mesmo nivel.
Coñecendo o colexio, saberá que as escasas zoas para resgardarse da choiva que antes existían, agora son nulas. No inverno, nen os nenos terán onde agardar polo autobus, nen os pais onde agardar polos nenos, sen mollarse.
Ademais, como dí o refrán, “se chove na lúa de outubro sete cubre”, e así se cumple, un ano mais os nosos nenos e nenas 7 meses sen sair o patio a xogar.
Por iso solicitamoslle fagan diferentes zoas cubertas arredor do colexio, anexas o mesmo, tipo cuberto porticado ou unha especie de pérgola de entrada o centro. Para os xogos dos nenos e nenas poderiase cubrir a pista exterior, e todo isto sempre acorde ó entorno no que se sitúa o colexio e o consenso da comunidade escolar do Ceip A Rúa.
A asociación de nais e pais, estariamos dispostos a comunicarlle i explicarlle todas as nosas ideas, esixencias e propostas en persoa, ainda que sabemos que probablemente o seu tempo é ouro, non dubidará en intentar solucionar e respostar a todas as nosas inquedanzas.
Sen máis e agradecendolle a súa valiosa atención, saúdalle atentamente:
A ANPA DO CEIP A RÚA e na súa representación, María E. Fernández Gil presidenta da asociación con dni nº...
Asinado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario