XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS “XAQUINA TRILLO”
Está destinado a fomentar a escritura e lectura en galego entre @s moz@s. Convócase entre estudiantes de ata dezaoito anos dos Institutos de Ensinanza Secundaria e os Centros de Ensinanza Infantil e Primaria. Establecéndose dúas categorías por idades.
O fallo do premio correspóndelle ao Xurado, composto por intelectuais galegos de recoñecido prestixio e farase público o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: 125.357 alumnos de ESO E BACHARELATO/ 191.565 alumnos de Infantil e Primaria.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 13/05/2010.
BASES DO CERTAME:
o A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o XI Premio de Relatos Curtos e Contos “Xaquina Trillo” para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
o Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
o Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a dobre espazo.
o Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.
o Establécense os seguintes premios:
o CATEGORÍA A*: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros
2º Premio 150€ e 20 libros
3º Premio 100€ e 20 libros
4º Premio 75€ e 20 libros
o CATEGORÍA B*: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
1º Premio 200€ e 20 libros
2º Premio 150€ e 20 libros
3º Premio 100€ e 20 libros
4º Premio 75€ e 20 libros
*A contía será equivalente en libros premiados para os centros de ensino.
o O Xurado estará formado por escritores e profesores galegos, actuando como Secretario con voz pero sen voto, Jesús Busto Peteiro. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 13 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
o O lugar de presentación é a sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 –baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por correo electrónico: informacion@fundacionamigosdegalicia.org, e a data límite de presentación será o 30 de abril de 2010.
o Os contos premiados serán publicados nun único libro. Os traballos na súa primeira edición serán propiedade da Fundación Amigos de Galicia.
o A presentación a este Concurso supón a aceptación destas BASES, decidindo o Xurado sobre calquera eventualidade non prevista nelas.
o Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Organiza Fundación Amigos de Galicia
Colabora o Concello de Vilagarcía de Arousa
Co patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Secretaría Xeral de Política Lingüística
Anteriormente publicado en revoltadafreixa.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario