X CONCURSO DE RELATO ORAL. TÍRALLE DA LINGUA
28 DE ABRIL DE 2010
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
Bases do concurso
1ª As historias poderan ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter constructivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel centro de ensino.
2) A nivel nacional.
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e s e responsabilice dos posibeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.
8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 16 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago, no Teatro Principal en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.
Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Ningún comentario:
Publicar un comentario