venres, 10 de xullo de 2009

ROLDA DE PRENSA NO BARBANZA

Na zona do barbanza xa están completamente mobilizados.
A vindeira semán haberá unha reunión das federacións de Anpas do morrazo. A partir de ahí, informaremos e intentarémos mobilizar a tódolos pais e nais que estén dispostos a loitar por uns dereitos xa adquiridos 6 cursos atrás, e que agora querennos negar...

A PLATAFORMA POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO DI:
REACCIONEMOS!!!


Non se trata tan só de non pagar os libros de texto. Temos que reaccionar porque, sen máis, nos están reducindo un DEREITO. Ata o de agora todas as familias tiñan o dereito a recibir sen custo algún os libros de texto para os seus fillos. Todos e todas podíamos beneficiarnos do préstamo. Agora hai que demostrar que a renda familiar é baixa para conseguir a mal chamada gratuidade solidaria. E os libros pasan de ser compartidos durante catro anos a ser esquecidos nos faiados das casas ou queimados en San Xoán. É un retroceso sen precedentes. Pero pode converterse no precedente doutros retrocesos. O transporte escolar non distingue rendas, nin as axudas aos comedores escolares. Segundo o Conselleiro, a Consellería é deficitaria nestes dous apartados. Parece que Galicia, unha das Comunidades Autónomas con rendas máis baixas, vai pasar de ser a comunidade na que a volta ao colexio era a máis barata, a unha das que teña o setembro más caro de toda España. Pero nesta medida hai moita hipocresia. Hai moita demagoxia e, dende logo, moita ideoloxía. Para convencer á cidadanía, o goberno fala de medida progresista, medida de igualdade e solidariedade. Fala de pobres e de ricos. De novo. Cando todos sabemos que a renda media galega está aínda moi por debaixo da media española. O goberno escúsase nunha minoría de rendas altas, para sacarlle un DEREITO a todos os galegos e a todas as galegas, xa que a grande maioría das familias terán que pagar o todo ou gran parte do custo dos libros de texto. Ese si que é un imposto indirecto. Un imposto que imposibilitará a moitas familias encarar un setembro tranquilo. Total para non aforrar nada. Se non reaccionamos agora,¿cando? ASINA O MANIFESTO POLA GRATUIDADE. QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!! XUNTOS PODEMOS!!! 





O acto de Presentación da Plataforma foi todo un éxito.

O local do ISM da Pobra encheuse de pais e nais dispostos a loitar porque se manteña a gratuidade por préstamo dos libros de texto en todos os colexios públicos e concertados de Galicia.

Debatemos, ata prácticamente as once da noite, sobre cal debería ser o seguinte paso a dar.

Decidimos seguir sumando apoios en defensa da gratuidade por préstamo. 

Para termos forza, temos que medrar. Temos que ser cada vez máis. 

É imprescindible que fagamos chegar o nosa folla de sinaturas, xunto co noso manifiesto, a cada rincón de Galicia.

A Gratuidade é un DEREITO ao que moitos galegos e moitas galegas non estamos dispostos a renunciar.

QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!!!


XUNTOS PODEMOS!!!!



Ningún comentario: