xoves, 2 de xullo de 2009

APOIO OS TRABALLADORES DO METAL EN LOITA CONTÍNUA DENDE 1920


O outro día o meu home, recordoume un dito moi de galegos, "Mexan por nós e dicimos que chove", e eu creo que xa basta, é hora de darlle a volta a tortilla, de loitar por un salario digno para un xigante coma é o do metal, é hora de que a xente saiba por que están loitando, é hora de amosar a outra cara da noticia, xa que moitos medios non se atreven a facelo. Estou moi enfadada porque á xente non lle chega toda a verdade, coma sempre chega bastante distorsionada, máis ben omítese bastante información..

É por iso que me animei a facer este escrito, porque ó mellor, xente que descoñece a situación real, pode chegar a comprendela un pouquiño.... e ó mellor non... 


O Comezo 

Este ano toca unha nova renovación do convenio do metal. No mes de maio empezaron as mobilizacións, non sen antes terse sentado á mesa a negociar.

A loita é por un salario digno, as peticións de 27.000 obreiros en principio son moi simples:


Unha subida do 6% + IPC, para que vos fagades unha idea, nun salario base de 1000€ a suba seria duns 60€ mensuais. Tristemente para ter un salario digno no colectivo do metal ás veces hai que traballar entre 11 e 14 horas 


Sinatura do convenio por un ano, por motivo da crise 

Ante isto a patronal pronunciouse en principio da seguinte maneira:


Conxelación salarial e firma do convenio mínimo por 3 anos

Non queren asinar por un ano, por que?? Será porque o ano que ven tamén se renova o convenio da provincia da Coruña?? E entón sumaríanse os dous?


Vólvense sentar a negociar, a patronal ofrécelles unha subida dun 1,9% co IPC xa incluído, de vergoña!!!
O metal baixa a súa petición a un 4%+ o IPC.
A patronal fala da perda de millóns, e non se dan de conta de que se asinasen desde un principio, a perda real non chegaría nin a metade da perda que xa teñen en 23 días de folga...

Pero disque si aceptan asinar o que piden os obreiros, entrarían nun precedente na historia e os demais colectivos tamén se levantarían, oxalá fora certo!!...

Os metaleiros voltan á rúa tratados coma vándalos, terroristas por un goberno que permanece á marxe do problema e que defende os intereses da patronal...
Unha vez máis a loita por sacar adiante as familias enfrontase ás pelotas de goma e gases dos miles de mercenarios antidisturbios montados en centos de grilleiras...



O pasado día 23 de Xuño, a Xunta pon enriba da mesa unha proposta no que eles chaman "Unha mediación sen precedentes". Ofrecían unha suba para este ano do IPC do 2008 + 1,1%, para o seguinte IPC do 2009 + 1,5%, e para o terceiro ano unha suba do 1,25%.
Tendo en conta que o IPC dos proximos anos tende a ser negativo, eu preguntome ¿Porque xogan desta maneira cas nosas familias?
Tampouco se chegou a nada e foi entón cando se decidíu face-lo camiño, o Camiño cara Santiago, para que o goberno de por fin a cara....



Non tiveron sequera o orgullo de manter unha pequena representación que os recibise, e igual, a loita segue...

Son xa 23 días de loita, dos que espero se saque bastante en limpo, por algo estámolo sufrindo dunha forma ou outra tódalas familias do metal....
Porque o metal somos tod@s, o metal son os maridos e as mulleres, os pais, as nais, os fill@s, os curmáns e curmás, os sobriñ@s, os avós e avoas, os amig@s....
Seguro que ti tamén tes algún entre eles, non si?


Animo a todos a seguir, ós que estiveron dende o principio e os que por un motivo ou outro deixaron a loita, para que a retomen...

Un saúdo,

María, nai en paro de dous nenos pequenos e muller dun metaleiro


3 comentarios:

patri dixo...

Maria,enhorabuena por este mini reportaje de lo que realmente esta pasando con el metal. Todos esperamos que esta situacion se solucione rapido y que las familias vuelvan a la normalidad.

CEIPARUA dixo...

Ánimo, María, moi boa reportaxe. E ánimo tamén a todos os metaleiros/as :-)

Xosé

Ana dixo...

Quero solidarizarme con todas as familias que están padecendo esta situación.
María, grazas por compartila connosco.
Unha aperta especialmente para ti e os teus.
Moito ánimo, conseguirédelo!!