luns, 18 de novembro de 2024

Asamblea Xeral Ordinaria da nosa ANPA xoves 21 de Novembro as 17:00 horas

Ningún comentario:

Ola familias

 Partillamos convocatoria e orde do día da Asamblea Xeral Ordinaria da nosa ANPA 

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Día: Xoves 21 de Novembro.
Hora: 17:00 horas en 1ª convocatoria e e 17:30 en 2ª convocatoria.
Lugar: Biblioteca do CEIP A RÚA.

 

ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Exposición e aprobación do estado de contas.
3. Resumo de actividades da ANPA.
4. Subvención de Igualdade.
5. Comedor.
6. Extraescolares.
7. Desfile de Nadal.
8. Novos colaboradores ANPA.
9. Rogos e preguntas.

 

Contamos coa vosa participación!

Agardámosvos
ANPA A RÚA

 

 



venres, 4 de outubro de 2024

PROXECTO: EMPODERAMENTO E RELACIÓNS SAUDABLES

Ningún comentario:

Durante os meses de outubro e novembro desenvolveremos o proxecto “Empoderamento e relacións saudables” enmarcado dentro das subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o ano 2024 (código do procedemento SI449B).

Este é o 5º ano no que a través desta convocatoria traballarase no CEIP A Rúa en clave de igualdade e prevención. Inclúe 4 grupos de obradoiros cun total de 8 actividades para cubrir as inquedanzas das familias, do profesorado e do alumnado. Este proxecto faise en coordinación co equipo directivo do colexio.


    1.   Obradoiros sobre relacións saudables para infantil, primeiros ciclos de primaria e pais, nais ou titores.

ACTIVIDADE 1. Mulleres e homes de película! (5 sesións de  1 hora con Infantil, 1º e 2º primaria). Un programa de fomento da igualdade entre mulleres e homes, empoderamento e rexeitamento das violencias machistas.

ACTIVIDADE 2. Así sí. (2 sesións de 1 hora con 3º e 4º primaria). Un obradoiro sobre poñer limites nas relacións, o respecto e a empatía. 

ACTIVIDADE 3. Todo a cambio dun Like! (1 sesión de 1 hora con 5º primaria). Un programa sobre igualdade e seguridade na rede.

ACTIVIDADE 4. Relacións saudables e redes sociais (2 sesións de 2 horas para nais, pais ou titores). O obxetivo destes obradoiros con familias é facilitar a difusión, información, coñecemento e reflexión sobre as temáticas tratadas nos obradoiros levados a cabo co alumnado.

Imparte Igualadas! (Sara Mesejo) e colaboran como asesoras a Fundación Meniños, Asociación ARELA e Educo.

DATA: 8 e 9 de outubro alumnado (martes e mércores) e martes 15 de outubro familias.


2. Obradoiros sobre relacións sexuais saudables para 6º de primaria e pais, nais e titores.

ACTIVIDADE 5. Educación afectivo sexual (2 sesións de 2 horas con 6º primaria).

Obradoiros para fomentar a prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero e establecer o diálogo e a comunicación sobre os temas sexuais no interior do grupo de iguais, na familia e na escola.

ACTIVIDADE 6. A pornografía e o seu impacto nos nenos e nenas de primaria (1 sesión de 2 horas, para pais ou titores).Os obxectivos deste obradoiro son  analizar a  situación da pornografía (aceso e consumo) na actualidade e dar a coñecer ferramentas para traballar os estereotipos representados no porno xeneralista a partir de outros materiais.

 DATA: 6 Novembro (alumnado de mañá e familias de tarde)

Imparte: Asociación ASEIA. Colaboran SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) e Concello de Cangas.


3. Obradoiro sobre Empoderamento fronte o Body Shaming 

ACTIVIDADE 7. Coñecendo o Body Shaming (1 sesión de 1,5 horas para familias).

Os obxectivos desta actividade son informar ás familias sobre esta práctica, o impacto que ten no alumnado e na convivencia e dotar ás familias de ferramentas para traballar cos seus fillos e fillas a aprender a valorar e querer o corpo, traballar a autoestima, protexerse de opinións externas sobre o aspecto físico, e aprender a non opinar sobre o corpo de alguén.  

Imparte a nutricionista e divulgadora Lidia Folgar e colabora a Asociación Nós Mesmas

DATA: venres 15 de novembro pola tarde.

 

    4. Gamificación como ferramenta de educación.

ACTIVIDADE 8. Escape Room Virtual sobre a Igualdade. Obradoiro para familias do CEIP A Rúa.

A metodoloxía desta actividade será mediante un xogo tipo escape room entre o cole e as familias.

Executan Membros da Xunta Directiva da ANPA A Rúa, Comisión da Biblioteca do CEIP A Rúa, Equipo directivo, profesorado do centro e departamento orientación. Colaboran Concello de Cangas e Fundación Meniños.




    OUTROS COLABORADORES






















martes, 24 de setembro de 2024

DOMINGO 29 SETEMBRO, LIMPEZA DO RÍO SAÍÑAS, NA CONTORNA DO CEIP A RÚA, ÁS 10.30H

Ningún comentario:

 Boa noite familias,


Outro ano máis unímonos a limpeza simultánea de ríos a nivel galego, e partillamos a convocatoria "Móllate polos ríos".
Será este domingo 29 de setembro, para limpar o tramo do Río Saíñas nos arredores do CEIP A Rúa.

O punto de encontro será o aparcadoiro, xunto á escola ás 10.30h.

É recomendable que traiades luvas para evitar feridas e calzado axeitado.

Máis información:
https://proxectorios.org/projects/xvii-limpeza-simultanea-de-rios/



domingo, 22 de setembro de 2024

Ningún comentario:

 

UN DIA XENIAL NO ROTEIRO POLA CONTORNA DA DESEMBOCADURA DO RIO MIÑO

Alumnos e pais atendendo ás explicacions


Unha xornada xenial ao aire libre, gracias o programa +CONVIVENCIA subvencionado pola Deputacion de Pontevera, na que visitamos a fronteira natural con Portugal e aprendemos un montón de cousas, pequenos e maiores, todos xuntos.
O programa +CONVIVENCIA ten como obxectivo crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra nos que poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.



Saimos do noso cole ás 9:45 dirección A Guarda, nun día que comezou gris e cheo de néboa. No autobús, nembargantes, o ambiente era ben diferente! risas e emoción por compartir coa familia e os amigos un dia enteiro fora do noso entorno habitual


Nada mais chegar a A Guarda o autobús deixounos moi cerquiña da Praia do Muiño, e camiñamos ata a Praia do Puntal ¡o punto inferior esquerdo de Galicia!, onde nos esperaba Diego, da cooperativa Miudinho, o fantástico guia que nos explicou as particularidades da desembocadura do Miño, e as dificultades que atopan os animais e prantas que aquí viven para adaptarse a un medio que cambia a cada momento dependendo do vento, o sol e as mareas.


Incluso nos ensinou a facer un labirinto na area! e xogamos a meternos dentro del :)

Como a marea estaba ben baixa, puidemos apreciar perfectamente as Pesqueiras, eses recintos semicirculares de pedra no que se botaba o cebo para atraer a os peixes que quedaban atrapados dentro da pesqueira, cando baixaba a marea.


Pesqueiras, do século XVIII.




"Piñeiral Castrexo" Pinar dunar de O Puntal 


Xusto detras da praia puidemos observar, pintados nos pinos, dos petroglifos de Santa Tegra, obra do veciño de Camposancos Xosé Cabaleiro. Os nenos e maiores entretivémonos buscando a posición exacta na que as formas xeométricas pintadas nos troncos das árbores encaixaran e cobraran sentido.


Seguindo o paseo de madeira, a néboa deixounos por ratos disfrutar da paisaxe de Portual e O Forte da Ínsua, unha espectacular fortificación portuguesa erixida no medio da desembocadura do Miño. Un pouco mais adiante vimos unha pia de pedra utilizada para extraer o sal do mar, e o que queda de un par de muiños de vento.

Pia empregada para obter sal a partir da auga do mar



Muiño de vento (non conserva as aspas) empregado antigamente para moer cereal. A parte do tellado podia moverse para orientar as pás na dirección do vento. Para elo empregaban un gran pau chamado "rabo" que tiñan que mover entre varias persoas.


Mar de pedras creo de tesouros

 A nosa ruta rematou, e Diego non puido atopar lugar mellor... un mar de pedras cheo de tesouros que fixo as ledicias de pequenos e maiores.


Pasamos un rato ideal e abrimos apetito para o xantar nun pinar cercano


Xantar no pinar dunar. Familias e nenos do cole de A Rua

 Xa despois de xantar, xogar as cartas, facer cabanas con madeiras, xogar nos columpios do eucalipto, durmir a sesta e tomar uns cafés, partimos rumbo Santa Tegra.

Castro de Santa Tegra. Época: Século I a.C e o Século I d.C


Castro de Santa Tegra. Poboado parcialmente reconstruido. 

 Aquí visitamos o castro ¡Incrible que aquí viviran entre 3000 e 5000 persoas! 
Tamén subimos ata o mirador e entramos no museo Arqueolóxico de Santa Tegra (MASAT)



Foi un día perfecto! Temos que repetilo! Moitas grazas a todos por participar. 







mércores, 11 de setembro de 2024

EXPLICACIÓN CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN DAS EXTRAESCOLARES NO CEIP A RÚA

Ningún comentario:

 

Pola presente nota a Xunta Directiva da ANPA CEIP A Rúa quere explicar ás familias os cambios que se están a impulsar na posta en marcha das actividades extraescolares implicando á todos os que interveñen neste proceso: Centro, Familias, ANPA e Empresas/Entidades Colaboradoras que imparten as actividades.

En primeiro lugar, aclarar, que con estes cambios non se busca desmarcarse de ningún xeito da colaboración nestas actividades extraescolares. Entendemos son parte importante da vida da escola, e nalgúns casos moi necesarias de cara á conciliación para moitas familias. A ANPA seguirá implicándose como ata agora na posta en marcha de ditas actividades, estando á escoita tanto das necesidades do centro como das crianzas e as familias.

Porén, a propia evolución da nosa sociedade, así como a chegada de novas empresas en entidades colaboradoras a este ámbito, cada unha co seu modo de funcionamento e relación cos Centros e ANPAS; e a curiosidade deste ANPA, fixo patente a necesidade de dotar a esta relación dun marco máis formal.

En concreto, neste último curso, algunha das empresas coas que se realizan as extraescolares solicitou de parte da ANPA a firma dun convenio de colaboración con diferentes cláusulas nas que, entre outras cousas, se detallaba un procedemento a seguir en caso de accidente durante o desenvolvemento da extraescolar. Dito procedemento requiría a intervención de membros da ANPA na xestión do accidente.

Deste punto partiu a nosa inquedanza sobre a normativa vixente ó respecto, pois xurdíronnos moitas dúbidas sobre a capacidade ou idoneidade da ANPA para asinar tal tipo de documentos. Entendemos que non debería ser función dunha ANPA asumir responsabilidades sobre actividades nas que non participa directamente.

Todo isto levou a esta Xunta Directiva, en estreita colaboración co Centro e consultando a Inspección Educativa a indagar no marco legal que ampara o desenvolvemento de ditas actividades.

De este proceso naceu a necesidade de plasmar por escrito un procedemento que aclare e delimite as funcións de cada quen neste proceso de posta en marcha e xestión das actividades extraescolares. Entendemos que como colaboradores que somos, as nosas funcións deben estar delimitadas a aquilo para o que esteamos realmente habilitados.

Na ANPA tod@s somos nais e pais, coas súas formacións específicas (ou non), que pola natureza mesma da relación co centro estamos “de paso” e por iso nos parece importante que os modelos de funcionamento que se establezan sirvan, non só para facilitar e asegurar o presente, senón tamén o futuro.

Entendemos que a xestión das extraescolares e, sobre todo, a responsabilidade que implica non só a súa posta en marcha, senón o seu mantemento e supervisión ó longo do ano escolar non pode nin debe vincular unicamente á ANPA e a lexislación vixente así o certifica.

Orden 22 Xullo de 1997: Capítulo IX: Actividades complementarias y extraescolares.

Decreto 374/1996 de 17 de Outubro: Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e escolas de educación primaria: Capítulo IV: Equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Decreto 155/2022 de 15 de Setembro de ordenación co currículo da Educación Primaria en Galicia: Disposición adicional cuarta. Tarefas extraescolares.

Por todo isto tomáronse as seguintes decisións respecto das actividades extraescolares, de cara á súa aplicación no vindeiro curso 2024/2025:

* Inclusión dentro nas NOF (Normas de Organización e Funcionamento) do CEIP A RUA dun apartado no que se especifican as funcións que a ANPA asume como súas en dita xestión.

* Definición do papel do Consello Escolar na aprobación das extraescolares.

* Elaboración dunha documentación que será aportada e explicada ás empresas interesadas en impartir actividades extraescolares no CEIP A Rúa na que se aclaran as pautas de funcionamento.


Achegamos a continuación dito documento que contén toda a información relevante sobre a organización.

Próximamente poremos ó día o apartado das extraescolares para este curso, co catálogo das actividades que se nos ofertaron e as instrucións de inscrición.

Quedamos á vosa enteira disposición para a resolución de dúbidas ou aclaracións que vos parezan pertinentes nas canles habituais,

Atentamente,

ANPA A RUA


DOCUMENTO EXPLICATIVO 

DESCARGAR DOCUMENTO

xoves, 13 de xuño de 2024

FESTA FIN DE CURSO SÁBADO 15 DE XUÑO

Ningún comentario:

Ola familias

Un ano máis, convidámosvos a participar na festa de fin de curso da nosa escola.

Agardamos por vós este sábado.

Velaí o programa e cartaz da actividade.





domingo, 18 de febreiro de 2024

Xornadas de portas abertas!

Ningún comentario:
Vinde a coñecer o CEIP A Rúa!

domingo, 10 de decembro de 2023

RESUMO DO PROXECTO "SENSIBILIZANDO POLO BO TRATO E A IGUALDADE"

Ningún comentario:


"SENSIBILIZANDO POLO BO TRATO E A IGUALDADE" foi un proxecto que se realizou no CEIP A Rúa da man da ANPA e cola financiación das  axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e deprevención da violencia de xénero, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.


Descargar resumo aquí

luns, 12 de xuño de 2023

17 XUÑO - FESTA DE FIN DE CURSO!!

Ningún comentario:

 

Festa de Fin de curso

Boas familias, 


aquí tedes os horarios de tódalas actividades da festa do sábado 17 xuño🎉


⏱A partires das 11h en diante:


-Escorregadoiro💧💦


-Mercadiño do alumnado de 5º para a súa excursión (postos doce, salgado, sorteos...e moito máis)


-Obradoiro de arte 🎨 (patio)


-Música: "Pinchada na rúa". Berto Roros 🎼🕺 (patio)


⏱11h exhibición acrobática🤸‍♂ (pavillón)


⏱11.30h exhibición ioga🧘‍♀ (pavillón)


⏱12h exhibición taekwondo🥋 (pavillón)


⏱12h exhibición guitarra🎸 (patio)


⏱12.30h teatro🎭: "La Ceni y Caperu" de Roald Dahl (biblioteca)


⏱13.00h exhibición xadrez♟ (biblioteca)


⏱13.00h festa da escuma😶‍🌫


⏱14.00h xantar e xogo libre🥗


⏱16.00h PEZA AUDIOVISUAL  🎥 "Así traballan as nosas familias" 2º de primaria (biblioteca)


**Lembrade traer a mantiña de picnic para quedar a comer tod@s xunt@s!!! 🌲 

De sobremesa proxéctase o "Pequeno Cinema en Curso" de 2° de primaria.


**Lembrade tamén traer gafas de piscina e chanclas para a festa da escuma🤿🩴