UN DIA XENIAL NO ROTEIRO POLA CONTORNA DA DESEMBOCADURA DO RIO MIÑO
Alumnos e pais atendendo ás explicacions |
Unha xornada xenial ao aire libre, gracias o programa +CONVIVENCIA subvencionado pola Deputacion de Pontevera, na que visitamos a fronteira natural con Portugal e aprendemos un montón de cousas, pequenos e maiores, todos xuntos.
O programa +CONVIVENCIA ten como obxectivo crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra nos que poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
Saimos do noso cole ás 9:45 dirección A Guarda, nun día que comezou gris e cheo de néboa. No autobús, nembargantes, o ambiente era ben diferente! risas e emoción por compartir coa familia e os amigos un dia enteiro fora do noso entorno habitual
Nada mais chegar a A Guarda o autobús deixounos moi cerquiña da Praia do Muiño, e camiñamos ata a Praia do Puntal ¡o punto inferior esquerdo de Galicia!, onde nos esperaba Diego, da cooperativa Miudinho, o fantástico guia que nos explicou as particularidades da desembocadura do Miño, e as dificultades que atopan os animais e prantas que aquí viven para adaptarse a un medio que cambia a cada momento dependendo do vento, o sol e as mareas.
Como a marea estaba ben baixa, puidemos apreciar perfectamente as Pesqueiras, eses recintos semicirculares de pedra no que se botaba o cebo para atraer a os peixes que quedaban atrapados dentro da pesqueira, cando baixaba a marea.
Pesqueiras, do século XVIII.
"Piñeiral Castrexo" Pinar dunar de O Puntal |
Xusto detras da praia puidemos observar, pintados nos pinos, dos petroglifos de Santa Tegra, obra do veciño de Camposancos Xosé Cabaleiro. Os nenos e maiores entretivémonos buscando a posición exacta na que as formas xeométricas pintadas nos troncos das árbores encaixaran e cobraran sentido.
Seguindo o paseo de madeira, a néboa deixounos por ratos disfrutar da paisaxe de Portual e O Forte da Ínsua, unha espectacular fortificación portuguesa erixida no medio da desembocadura do Miño. Un pouco mais adiante vimos unha pia de pedra utilizada para extraer o sal do mar, e o que queda de un par de muiños de vento.
Pia empregada para obter sal a partir da auga do mar |
Muiño de vento (non conserva as aspas) empregado antigamente para moer cereal. A parte do tellado podia moverse para orientar as pás na dirección do vento. Para elo empregaban un gran pau chamado "rabo" que tiñan que mover entre varias persoas.
Mar de pedras creo de tesouros
A nosa ruta rematou, e Diego non puido atopar lugar mellor... un mar de pedras cheo de tesouros que fixo as ledicias de pequenos e maiores.
Pasamos un rato ideal e abrimos apetito para o xantar nun pinar cercano
Xantar no pinar dunar. Familias e nenos do cole de A Rua
Xa despois de xantar, xogar as cartas, facer cabanas con madeiras, xogar nos columpios do eucalipto, durmir a sesta e tomar uns cafés, partimos rumbo Santa Tegra.
Castro de Santa Tegra. Época: Século I a.C e o Século I d.C |
Castro de Santa Tegra. Poboado parcialmente reconstruido. |
Aquí visitamos o castro ¡Incrible que aquí viviran entre 3000 e 5000 persoas!
Tamén subimos ata o mirador e entramos no museo Arqueolóxico de Santa Tegra (MASAT)
Foi un día perfecto! Temos que repetilo! Moitas grazas a todos por participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario