Pola presente nota a Xunta Directiva da ANPA CEIP A Rúa quere
explicar ás familias os cambios que se están a impulsar na posta en
marcha das actividades extraescolares implicando á todos os que
interveñen neste proceso: Centro, Familias, ANPA e
Empresas/Entidades Colaboradoras que imparten as actividades.
En
primeiro lugar, aclarar, que con estes cambios non se busca
desmarcarse de ningún xeito da
colaboración nestas
actividades extraescolares. Entendemos
son parte importante da vida da escola, e nalgúns casos moi
necesarias de cara á conciliación para moitas familias. A ANPA
seguirá implicándose como ata agora na posta en marcha de ditas
actividades, estando á escoita tanto das necesidades do centro como
das crianzas e as familias.
Porén,
a propia evolución da nosa sociedade, así
como a chegada de novas
empresas en entidades colaboradoras a este ámbito, cada unha co seu
modo de funcionamento e relación cos Centros e ANPAS;
e a curiosidade deste ANPA, fixo
patente a necesidade de dotar a esta relación dun marco máis
formal.
En
concreto, neste último
curso, algunha das empresas coas que se realizan as extraescolares
solicitou de parte da ANPA
a firma dun convenio de colaboración con diferentes cláusulas nas
que, entre outras cousas, se detallaba un procedemento a seguir en
caso de accidente durante o desenvolvemento da extraescolar. Dito
procedemento requiría
a intervención de membros da ANPA na xestión do accidente.
Deste
punto partiu a nosa inquedanza sobre a normativa vixente ó respecto,
pois xurdíronnos
moitas dúbidas sobre a capacidade ou
idoneidade da ANPA para
asinar tal tipo de documentos. Entendemos
que non debería ser función dunha ANPA asumir responsabilidades
sobre actividades
nas
que non participa directamente.
Todo isto levou
a esta Xunta Directiva, en estreita colaboración co Centro e
consultando a Inspección Educativa
a indagar no marco legal que ampara o desenvolvemento de ditas
actividades.
De
este proceso
naceu a necesidade de plasmar por escrito un procedemento que aclare
e delimite as funcións de cada quen neste proceso de posta en marcha
e xestión das actividades extraescolares.
Entendemos que como
colaboradores que somos, as nosas funcións deben estar delimitadas a
aquilo para o que esteamos realmente habilitados.
Na
ANPA tod@s
somos nais e pais, coas súas formacións específicas (ou
non),
que pola natureza mesma da relación co centro estamos “de paso”
e por iso nos parece importante que os modelos de funcionamento que
se establezan sirvan, non só para facilitar e asegurar o presente,
senón tamén o futuro.
Entendemos
que a xestión das extraescolares e, sobre todo, a
responsabilidade que
implica non só a súa posta en marcha, senón o
seu mantemento e supervisión ó longo do ano escolar non
pode nin debe vincular unicamente á ANPA e a lexislación vixente
así o certifica.
Orden
22 Xullo de 1997:
Capítulo IX: Actividades complementarias y extraescolares.
Decreto
374/1996 de 17 de Outubro:
Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e escolas de
educación primaria: Capítulo IV: Equipo de actividades
complementarias e extraescolares.
Decreto
155/2022 de 15 de Setembro
de ordenación co currículo da Educación Primaria en Galicia:
Disposición adicional cuarta. Tarefas extraescolares.
Por todo isto tomáronse as seguintes decisións respecto das
actividades extraescolares, de cara á súa aplicación no vindeiro
curso 2024/2025:
* Inclusión dentro nas NOF (Normas de Organización e Funcionamento)
do CEIP A RUA dun apartado no que se especifican as funcións que a
ANPA asume como súas en dita xestión.
* Definición do papel do
Consello Escolar na
aprobación das extraescolares.
* Elaboración dunha documentación que será aportada e explicada ás
empresas interesadas en impartir actividades extraescolares no CEIP A
Rúa na que se aclaran as pautas de funcionamento.
Achegamos a continuación dito
documento que contén toda a información relevante sobre a organización.
Próximamente poremos ó día o apartado das extraescolares para este curso, co catálogo das actividades que se nos ofertaron e as instrucións de inscrición.
Quedamos á vosa enteira disposición para a resolución de dúbidas ou aclaracións que vos parezan pertinentes nas canles habituais,
Atentamente,
ANPA A RUA
DOCUMENTO EXPLICATIVO
DESCARGAR DOCUMENTO