RUTA “A HISTORIA DAS MULLERES DE CANGAS” QUE SE CELEBRARÁ O PRÓXIMO 11 DE MARZO EN CANGAS
O domingo 11 de
Marzo dentro dos actos que tendrán lugar con motivo do “Dia
internacional da Muller Traballadora", a Asociación de Animación
Sociocultural e Turística “A Illa dos Ratos” organiza una ruta guiada
especial baixo o título “A Historia das mulleres de Cangas”.
Con esta actividade
este colectivo, que ven realizando rutas guiadas gratuítas para todos
os públicos desde 2016, quere dar a coñecer e por en valor a figura
dalgunhas mulleres máis relevantes ao longo da Historia de Cangas.
Desde María Soliño a
Fina Acuña Graña, á que se dedican este ano todas as actividades a
nivel institucional, falarase de mulleres con nome propio pero tamén por
colectivos formados por personas anónimas como as peixeiras, redeiras,
traballadoras da conserva e tamén doutros oficios mulleres da cultura,
educación, deporte ou política.
Dado que se
requiere inscrición previa, todas as personas que estean interesadas en
participar nesta ruta, poden anotarse coa debida antelación na oficina
de Turismo de Cangas situada en la Casa de la Bola, chamando ao
986392023 ou enviando un email a ailladosratos@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario