luns, 4 de decembro de 2017

Festa histórica Infantil: cangas 1617




Festa Histórica organizada pola asociación" ILLA DOS RATOS"

"Para seguir conmemorando o 400 aniversario da Defensa da Vila, o sábado 9 de decembro a partir das 17:00 estaremos no Parque da Palma con actividades de animación, obradoiros, maquillaxe e moitas sorpresas máis para toda a familia.
Poñerémonos na pel dos cangueses e dos piratas turcos de 1617 e os nenos e nenas terán que elixir bando, seguir un adestramento e superar as probas para demostrar que son merecedores do título que lles dará o noso Escribán. Unha vez rematadas todas as probas teremos unha gran festa final de confraternización na que haberá moitas máis sorpresas.
Ademáis teremos un photocall no que poderedes sacar fotos e así lembrar para sempre esta ocasión, e se compartides algunha desas fotos con nós en Facebook, entraredes no sorteo dunha viaxe ás Illas Cíes e outra á Illa de Ons para dous adultos e un neno, cortesía da Naviera Nabia.
Non podedes perder a ocasión de vivir con nós "A Defensa da vila"!
Para + info e bases do sorteo: http://ailladosratos.blogspot.com.es/…/festa-infantil-defen…"








 Foto de A Illa dos Ratos.









Ningún comentario: