martes, 20 de setembro de 2016

Solicitude de apertura dun prazo extraordinario para solicitar axudas...


Pola orde que se mostra abaixo, a  Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas “A GAMELIÑA”, así como os demais nais e pais firmantes desta solicitude na plataforma CHANGE.ORG, consonte o exposto nos parágrafos precedentes,

SOLICITAMOS ao Conselleiro de Educación:

Que previos os trámites que correspondan,pola Conselleria se acorde abrir un prazo extraordinario para solicitar as axudas establecidas na Orde do 27 de abril de 2016,  que remate o 31 de outubro de 2016, ou no prazo dun (1)mes dende a sua publicación no DOGA.

En Cangas do Morrazo, a 17 de setembro de 2016.

SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA,  D. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

A Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas,  con NIF 36.537.900, ante a sede do citado órgano comparece e fai constar que:

PRIMEIRO.- A Orde do 27 de abril de 2016 pola que se se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, estableceu que:
1.- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
2.- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. 
3.- O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  (1) mes desde a formalización da matrícula.



SEGUNDO.- Que as asociacións de nais e pais de alumnos en escolas publicas de Cangas recibimos numerosas queixas de familias que non puideron formalizar a solicitude de axuda antes do 23 de xuño de 2016, por numerosas e variadas causas, entre elas, non ter recibido as familias comunicación da devandita convocatoria de axudas dende a Consellería de Educación, nin tampouco dende os centros educativos públicos onde estaban matriculados os seus fillos menores de idade, ou, por exemplo, non ter formalizada a axuda ao estar o alumno/a pendente dos resultados dos exames de setembro para formalizar a matricula no curso correspondente, ou tamén por descoñecer na data do 23 de xuño de 2016 en que centros educativos públicos serian admitidos os seus fillos no curso 2016-2017 e polo tanto descoñecendo onde debían presentar a solicitude, resultando incluso que cursos enteiros de nenos e nenas, agora en Educación Secundaria Obrigatoria non puideron formalizar a súa solicitude no prazo inicial que remataba o 23 de xuño de 2016.

TERCEIRO.- Considerando que é un deber básico da administración educativa galega garantir o acceso a educación en igualdade de oportunidades, en relación ao dereito dos nenos e nenas escolarizados nos centros educativos públicos,levantando para elo as trabas que poideran existir que o impedisen, e neste caso existindo ademais seria eivas na regulación establecida na Orde de 27 de abril de 2016, e na sua transmisión as familias.  Consideramos mais xusto, e axustado a dereito, que se amplie o prazo xeral establecido na Orde do 27 de abril de 2016, abrindo un prazo extraordinario que remate o 31 de outubro de 2016, para que no devandito prazo as familias que non puideron realizar a solicitude de axuda para os seus fillos poidan formalizar a solicitude e garantir asi a plena integración escolar dos nenos e nenas que non puideron realizarlo con anterioridade. 

Ningún comentario: