Temos o pracer de comunicarvos que o próximo 25 de setembro a partir das 10.00 h celebraráse a XIII edición da Carreira Pedestre de Moaña, organizada por o Concello de Moaña e o Club Atletismo Samertolameu.
A proba popular absoluta, celebrarase as 12.00 h sobre un percorrido de 10 km totalmente chans. A distancia non está homologada, pero podemos asegurarvos que a fiabilidade da medición e óptima (gps+roda topográfica). Tamén existe a opción de facer a carreira de 5km.
O percorrido estará debidamente sinalizado, e indicados os pasos kilométricos. Haberá avituallamento cada 2’5km aproximadamente.
Tamén haberá probas para os mais pequenos, animade os vosos rapaces a participar e divertirse en un circuito cómodo e seguro, e con distancias axeitadas a sua categoria.
A liña de saida situarse en frente das pistas de atletismo da Xunqueira, e a liña de meta estará situada nas mesmas pistas, o que pensamos que será un aliciente engadido para a vistosidade da proba, tanto a nivel participativo, como a nivel de público.
O aparcamento nesta zona e sinxelo, podedes deixar o coche prácticamente enfrente da zona de saida.
Contaremos con servizo de duchas no paballeon da Xunqueira, a escasos 100 metros da liña de chegada.
Haberá un servizo de fisioterapia o finalizar a proba absoluta, formado por alumnos da Universidade de Vigo, e dirixido por personal cualificado.
A carreira absoluta (10Km/5km) contará con cronometraxe electrónico e puntos km marcados.
Entregarase bolsa do corredor e camiseta a tódolos atletas que finalicen a proba.
E como en anos anteriores, entregaránse trofeos en tódalas categorias, e premios en metálico para os tres primeiros clasificados da proba absoluta (150€, 100€ e 75€), asi como una gran festa final.
Agardamosvos en Moaña o 25 de setembro para disfrutar de unha xornada de atletismo e bo ambiente.
Tedes toda a información complementaria en:
Correr en Galicia: Correr en Galicia, carreras populares › Calendario
Prueba-t: http://www.prueba-t.es
Vos adxunto as bases para que poidades ver os horarios e distancias.
Atentamente
Alberto Juncal
Presidente Club Atletismo Samertolameu
Ningún comentario:
Publicar un comentario