A piscina de Cangas "A Balea" ofrece cursos para tódolos socios do Anpa do cole "A Rúa". A duración do curso comprende o período escolar. Impartiranse clases 2 días a semana, cunha duración de 45 min. cada unha.
Os horarios correspondentes ós diferentes cursos son os seguintes:
INFANTIL (3, 4 e 5 anos) ---------- 16:15 a 17:00 h. (elixir 2 días de luns a venres)
1º, 2º e 3º (6, 7 e 8 anos) --------- 17:00 a 17:45 h. (elixir 2 días de luns a venres)
5º e 6º (9 e 10 anos) ---------------- 17:45 a 18:30 h. (elixir 2 días de luns a venres)
PREZO MATRICULA: 20,20 €
COTA MENSUAL: 10,10 €
Tódolos interesados neste curso, que dará comezo en Xaneiro, terán que facer unha pre-inscrición no Anpa, para confirmar a dispoñibilidade nos días solicitados, xa que hai grupos limitados.
Tódolos interesados que nos fagan chegar os seguintes datos a través do mail anpa.arua@gmail.com, a través do buzón do cole, o respondendo á mensaxe do Tokapp:
NOME ALUMNO:
CURSO:
DIAS SOLICITADOS (2):
PERSOA DE CONTACTO:
TELÉFONO:
Despois da pre-inscrición, unha vez confirmados os grupos, cada pai/nai/titor legal cubrirá a folla do curso nas instalacións da piscina, axuntando a seguinte documentación: DNI pai/nai/ titor e certificado de conta bancaria, para a domiciliación dos pagos.
O primeiro mes e matrícula pagarase en recepción da piscina a primeira semana do mes, de 19 a 21 horas, e domiciliaranse os seguintes.
Tamén informamos que este servizo é soamente para socios do Anpa e se algún "no socio" esta interesado, deberá dirixirse á piscina directamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario