Despois da reunión do martes, fomos a sucursal de Abanca, para solicitar a devolución das comisións cobradas, e quedaron de dicirnos algo sobre o tema. Ademais preguntamos polos 3€ que cobran de comisión a xente que non ten conta en Abanca. Explicáronnos que o fan para evitar colas nas súas oficinas de xente que non ten conta de Abanca e así saturalas, xa que entenden que facendo unha transferencia dende os seus propios bancos poden cobrarlles as mesmas comisións ou incluso menos. Unicamente non cobran comisións se non poñen o nome no ingreso, o cal para nos non e viable. necesitamos que poñades sempre o nome do alumno e actividade, pois se non seria de tolos adiviñar de quen e cada ingreso.
A Xunta directiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario