xoves, 10 de decembro de 2009

POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

O vindeiro sábado día 12 de decembro, terá lugar en Ourense un acto de protesta polo radical cambio de sistema de gratuidade feito polo goberno no pasado mes de xuño.

Como sabedes quitaronnos un sistema de gratuidade por préstamo para tod@s, por un sistema de gratuidade solidaria para uns poucos, dos cales algúns ainda non cobraron a axuda prometida.

Será unha concentración-manifestación, ás 17:00h na Ponte Romana. Para os que asistamos, mencionar que se deberá levar un cirio (dos vermellos de cemiterio) e un libro.


Os que xa vos anotachedes para ir no autobús, decirvos que sairemos da estación de autobuses de Cangas ás 15:00h en punto.
Sei que moitos iredes nos vosos coches propios, mirámonos alí!!!

POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO POLO SISTEMA DE PRÉSTAMO

ACTO DE PROTESTA EN OURENSE

SÁBADO DÍA 12 DE DECEMBRO

ÁS 17:00 HORAS

NA PONTE ROMANA


XUNTOS PODEMOS!!!

Ningún comentario: