mércores, 7 de outubro de 2009

NOTA INFORMATIVA E NOVA ACTIVIDADE


Informamos de que por non chegar a facer grupo suficiente de nen@s e pais/nais, este ano non se realizarán as seguintes actividades:

Lingua de signos, manualidades, animación á letura, gaita e percusión, balonmán, batuka para pais e nais, informática para pais e nais e patinaxe para pais e nais.

Ademáis algunhas actividades sufren pequenos cambios horarios, que son os seguintes:
- Diverfit, os xoves, pasa ó horario de 16:45 a 17:45
- Futbol, os venres, tamén se adianta de 16:45 a 17:45

Respecto ó voluntariado para facer gardas nas actividades, queremos felicitar e agradecer a tódolos pais que xa están apuntados. Animamos a todos os pais e nais que teñen o seu fill@ nalgunha actividade, que se una o noso voluntariado, cantos mais sexamos, menos gardas teremos que facer, ainda que sabemos que moitos de vos ainda que quixerades non podedes.

NOVA ACTIVIDADE PARA PAIS E NAIS
 
Queremos ofertar unha nova actividade, “Pilates para pais e nais”, que empezaria a partir do vindeiro mes (Novembro) e realizariase en principio os luns de 19:00 a 20:00 horas. Se estades interesad@s, cubride os vosos datos e simplemente mandar a inscripción que vos enviaremos polos vosos fill@s ou vos mesmos remitilo ó buzón da Anpa ou correo electronico actividades.arua@gmail.com

Ningún comentario: