CONFAPA-GALICIA ante as medidas levadas a cabo polo actual Goberno autonómico e máis concretamente as reformas anunciadas ou xa emprendidas polo Conselleiro de Educación, Sr. Vázquez, quere manifestar o seguinte:
Nestes últimos meses e aproveitando o período vacacional, preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que corresponden exclusivamente a intereses ideolóxicos e sociais, tentando modificar un sistema educativo que vai prexudicar gravemente ao ensino público.
A golpe de orde, decreto ou outras marañas legais, elimínase o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista das APAs) co consecuente quebranto económico para as familias, suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais, agrúpanse alumnos de infantil e primaria e un longo etcétera, todo iso sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa da situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa e
Como contestación inmediata a esta provocación anunciámosvos o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades.
Por iso, CONVOCÁMOSVOS A UNHA CONCENTRACIÓN PACÍFICA, DURANTE 10 MINUTOS Á ENTRADA DO VOSO CENTRO O PRÓXIMO DÍA 29 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 12 HORAS BAIXO A LEMA:
¡NIN UN PASO ATRÁS!
Sería conveniente a difusión desta convocatoria a todos os pais e profesores así como aos medios de comunicación da vosa zona.
Para calquera dúbida ou aclaración estamos á vosa disposición en horario de 16,30 a 21,00 horas, de luns a venres no teléfono 981 20 20 02 ou no noso correo confapagalicia@yahoo.esEsta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .
Na seguridade de que continuaremos coas accións que consideremos necesarias contando, como sempre, co voso inestimable apoio, recibide un saúdo cordial.
Fdo.
Virgilio Gantes Gómez
Presidente
Ningún comentario:
Publicar un comentario