Iso foi unha das dúas cousas que se decidiron na asamblea de hoxe, dia 4 de setembro....
Como anunciamos no artigo anterior, e poñendonos en contacto cos pais e nais dos alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria, hoxe houbo unha asamblea no cole de A Rúa, á que asistiron 50 pais e nais.
Intentamos (con moitos nervios) explicar as accións que se tomaran durante o verán, coma a asamblea na alameda vella e a cadea humana na praia da Xunqueira.
Que non se trata só de que voltamos a pagalos libros senon que se trata dun dereito conquerido fai 6 anos, e na súa totalidade fai 4, que agora nos arrebatan por que si.
Falamos de que a forma de facer presión e non mercando os libros e non levandoos o cole.
Finalmente levaronse as distintas propostas a votación, e por maioria, decidiuse que durante este curso escolar non se mercarán os libros de texto e non se levarán o colexio.
Unha das nais que estaba na asamblea dixo que ela xa tiña os libros, pero que se decidiamos non levalos o colexio, que ela nos llos mandaba a filla, quedaria con eles na casa.
Tamén quero informar os pais e nais que xa tiñan os libros mercados e teñen a necesidade de pedir a axuda e entran no baremo por renta, que a soliciten. Ainda que si poden esperar a entregala o mais tarde posible mellor, por exemplo a partir do 25 de setembro...e ata o 30 do mesmo.
O equipo directivo do cole agradece que os que teñades internet e impresora, entreguedes a solicitude xa cuberta e impresa por duplicado co resto da documentación
Dende aqui queremos agradecer a asistencia de tod@s os que estiveron, agradecer os pais e nais que ainda tendo familias numerosas, tendo algun caso de discapacidade na familia, os que eran seguros beneficiarios das bolsas votasen a favor de non mercar e levar os libros o cole
Por un dereito de todos e para todos!!!
Tamen pediremos a solidarizacion dos cursos de 3º e 4º, nos que o sistema de préstamo ainda está vixente, para que tampouco leven os libros o cole
Ningún comentario:
Publicar un comentario