sábado, 29 de agosto de 2009

PRÉSTAME O TEU LIBRO...

Foto publicada no Faro de Vigo

Onte pola tarde, estivemos na Xunqueira en Moaña entre 300 e 400 persoas, conseguemos bordealo antigo campo de futbol, prestándonos un libro de texto gratuito duns a outros, faltounos un megáfono (que fallo) pero o final e coa colaboración de todos incluso fixemos un pequeno percorrido polo novo paseo a pe, levando as pancartas caseiras, que fixemos con tanto traballo e agarimo e as da plataforma pola gratuidade tan chulas. O final aplauso para tod@s...


Dende aquí quero dar as gracias a todos os que estiveron, os que deixaron por unhas horas de facer outras cousas por apoiarnos nesta loita por un dereito arrebatado....

Gracias Ana, Chus, Moncha e Tito, Rosa e Camilo, Mila e Diego, Pitu e Juan, Jose, Patri, a todos os que estiveron.... os nenos por que sen eles nada disto teria sentido, a todos os representantes das Anpas do Morrazo, ¡¡¡que non decaia!!! Os membros da plataforma Eva, Kiko, Sesé, Antonio....


Que saiban que cada día somos mais!!!

2 comentarios:

Ana dixo...

Grazas a vós polo voso esforzo e dedicación. É un orgullo ver que na ANPA de A Rúa cada vez participan máis pais e nais e con moito entusiasmo. Que as diferentes ANPAS se unan nun proxecto en común, independentemente dos resultados, é magnífico. Moito ánimo, tendes todo o noso apoio.

Candela dixo...

Felicitovos pola iniciativa e mais pola oposición ao pagamento dos libros e estar dispost@s a levar a nenas e nenos a escola sen libros, eu teño os meus no Chans-Bembrive e no IES Carlos Casares e que eu saiba non se fixo ningun acto ao respeto. Eu estou disposta tamen a facer obxeción do pagamento pero dame a min que vou estar mais soa que a unha. Si tedes algunha nova agradeceriavos que vos puxerasdes en contacto ao traves do meu correo

aturuxogz@hotmail.com

e co voso permiso vouvos facer unha reseña no meu blog

http://aturuxo-candela.blogspot.com/

Grazas por todo e seguide a dar exemplo a outras asociacion de nais e pais.

Parabens, saudos e bicos.

Mar.