Dende aquí quero dar as gracias a todos os que estiveron, os que deixaron por unhas horas de facer outras cousas por apoiarnos nesta loita por un dereito arrebatado....
Gracias Ana, Chus, Moncha e Tito, Rosa e Camilo, Mila e Diego, Pitu e Juan, Jose, Patri, a todos os que estiveron.... os nenos por que sen eles nada disto teria sentido, a todos os representantes das Anpas do Morrazo, ¡¡¡que non decaia!!! Os membros da plataforma Eva, Kiko, Sesé, Antonio....
Que saiban que cada día somos mais!!!
2 comentarios:
Grazas a vós polo voso esforzo e dedicación. É un orgullo ver que na ANPA de A Rúa cada vez participan máis pais e nais e con moito entusiasmo. Que as diferentes ANPAS se unan nun proxecto en común, independentemente dos resultados, é magnífico. Moito ánimo, tendes todo o noso apoio.
Felicitovos pola iniciativa e mais pola oposición ao pagamento dos libros e estar dispost@s a levar a nenas e nenos a escola sen libros, eu teño os meus no Chans-Bembrive e no IES Carlos Casares e que eu saiba non se fixo ningun acto ao respeto. Eu estou disposta tamen a facer obxeción do pagamento pero dame a min que vou estar mais soa que a unha. Si tedes algunha nova agradeceriavos que vos puxerasdes en contacto ao traves do meu correo
aturuxogz@hotmail.com
e co voso permiso vouvos facer unha reseña no meu blog
http://aturuxo-candela.blogspot.com/
Grazas por todo e seguide a dar exemplo a outras asociacion de nais e pais.
Parabens, saudos e bicos.
Mar.
Publicar un comentario