xoves, 11 de xuño de 2009

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA!!!

19 de Xuño as 17:00 horas - ELECCIONS PARA UNHA NOVA ANPA

Tódolos mandatos teñen un final, as veces son re-elexidos e outras non queren selo. Por haches ou bes o equipo actual da Anpa, deixanos cun moi bo sabor de boca, vai ser dificil superalos, pero andaran polos arredores dalgunha forma.
É o momento de elexir un novo equipo, por iso vos, socios e socias xogades un papel moi importante!!!
Os soci@s que queiran poderán presentá-las súas candidaturas, por medio de mail ou do buzón da Anpa sito no cole.
As candidaturas presentaranse ata o mesmo venres 19 pola mañá, indicando nome e apelidos e o papá ou mamá de quen é, ademais do curso do neno, para que ó resto dos soci@s nos sexa mais facil identifica-los candidatos.
Os nomes dos candidatos exporanse no tablón de anuncios do cole e neste blogg. Para ser electo haberá que asistir a asamblea e ser por suposto soci@ da Anpa.

LISTA DE CANDIDATURAS

María Fernández Gil, nai de Adrián de 4 anos


Ademais da eleccion da nova Anpa, trataranse outros temas de gran interes para todos:

-Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-Balance de contas do curso 2008/2009
-Cota anual da Anpa
-Rogos e preguntas...

Contamos con todos vos, temos unha cita na biblioteca do cole o vindeiro venres 19 as 17:00 horas!!

A Asamblea Xeral Extraordinaria, deu comezo as 18:15h.
Quedou aprobada por unanimidade a acta da xuntanza anterior 17/10/2008
Presentáronse as contas do curso 2008/2009 e aprovanse tamén por unanimidade
Procedese ó cambio da xunta directiva e a unica candidatura presentada e apoiada por todos os presentes, quedando validamente constituida a nova Xunta Directiva. (Ver titulo Quen somos).
A nova directiva anuncia un pequeno aumento na cota da Anpa, que pasará a ser de 16€ anuais por familia. Tamén aumentará o prezo das actividades dos non soci@s a 15€ mensuais, as dúas propostas aprovanse por unanimidade dos presentes. Igualmente se aprova que a partir do vindeiro curso 2010/2011 só se beneficiarán da subvención da Anpa para a excursión de 6º de primaria os nen@s que foran soci@s da Anpa durante o ciclo completo, e dicir, 5º e 6º. Iso quere dicir que os alumnos de 5º este curso deberan ser soci@s e o curso que ven tamén, para beneficiarse da subvención para a citada excursión.
Sen mais, deuse por rematada a asamblea as 20:00h

Ningún comentario: